Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

20/5/13

Inscricións para Corrubedo, Ancares I e 2º curso voluntariado

Neste luns coincide o inicio de tres procesos de inscrición dentro do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente:

1. Percorrido medioambiental polo sistema dunar de Corrubedo
Durante a xornada do domingo 26 de maio estaremos nun dos ecosistemas máis emblemáticos de Galicia o “Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán”
De cara evitar que haxa inscricións que logo non acuden ao percorrido, habilitouse o seguinte proceso:
- Preincrición no 010 de luns a mércores pola mañá. 
- Inscrición definitiva na Casa da Xuventude (López Mora 31) en horario de 10-14 e 17-20, abonando a cota establecida de 6 euros.
- As baixas que se produzan e as persoas que non cumprimenten a inscrición definitiva serán substituídas pola lista de agarda en estrito orde de preinscrición dende o mércores pola tarde ata o venres pola mañá, que será cando se peche o proceso.



Percorrido pola mañá (azul)

Percorrido pola tarde (vermello)

2. Percorrido medioambiental pola Serra de Ancares (quenda 1: 1-2 de xuño) (ver documento adxunto)
Arranca a preincrición para este bonito percorrido. Nesta ocasión só poden asistir maiores de idade. O proceso de inscrición será: 

- Preincrición no 010 de luns a xoves pola mañá. 
- Inscrición definitiva na Casa da Xuventude (López Mora 31) en horario de 10-14 e 17-20, abonando un anticipo de 15 euros. Descargar ficha aqui.
- As baixas que se produzan e as persoas que non cumprimenten a inscrición definitiva serán substituídas pola lista de agarda en estrito orde de preinscrición dende o xoves pola tarde ata o mércores da semán que ven pola mañá, que será cando se peche o proceso.
- O mércores 29 de maio terá lugar unha charla en Vigozoo, as 19:00, para explicar a actividade a desenvolver, o equipamento a levar e organizar as habitacións.




3. Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental Camiño a Camiño (quenda 25 maio). 
O proceso de inscrición é dende o luns ata o xoves. Hai 90 prazas dispoñibles e por tanto hai tempo durante a semana para inscribirse, sobre todo dada a saturación do 010 que se vai producir o luns 20.