Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

26/4/13

Previsión fin de semana 26 a 28 de abril

Semella que teremos unha fin de semana xeitosa no climatolóxico anque con previsión de que se vaia cambiando o bo tempo que houbo durante esta semana. En todo caso hai oferta de voluntariado, percorrido medioambiental e hortas Vexamos a previsión.

Previsión climatolóxica (meteogalicia)



Percorridos medioambientais
Tras baixar da Serra do Galiñeiro seguindo os regatos que nacen nos seus cumes, atopamos o río Louro.  Neste percorrido seguiremos o río ata a súa desembocadura no Miño.  Prácticamente todo o percorrido queda dentro do espazo protexido do LIC (Lugar de Interese Comunitario) das Ribeiras do Louro. Ver detalle en documentos.



Hortas urbanas
Xa se iniciou a tempada de plantación de primavera e está sendo un fervedeiro de xentes, con moitas preguntas e cos primeiros problemas de pulgón e demáis en Fontáns e co inicio de actividade en Pedro Alvarado. Por certo, eiqui con participantes moi entusiastas como a persoa de maior idade de todas as hortas, que xa empezou a traballar nos bancos habilitados para estas ocasións.





Voluntariado
Como xa se comunicou na noticia de onte, vaise empezar con forza o voluntariado nos areais a partir deste sábado (por certo, con inicio as 9:00 para evitar moito calor), aparte do que estaba previsto para Lagares o venres e para Cíes o sábado e domingo.