Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

22/4/13

O próximo domingo, rio Louro ata o Miño

No percorrido deste domingo 28 de abril abordase a segunda parte da conca do Galiñeiro na vertente do río Louro. Neste percorrido seguiremos o río ata a súa desembocadura no Miño.  Prácticamente todo o percorrido queda dentro do espazo protexido do LIC (Lugar de Interese Comunitario) das Ribeiras do Louro.

O roteiro partirá de Orbenlle, onde visitaremos a lagoa grande de Orbenlle, comúnmente chamada como Gándaras de Budiño.  Despois continuaremos pola ribeira do Louro pasando polo Cerquido e Albelos, ata chegar ás veigas do Louro en Guillarei.  Dende Guillarei iremos ata Tui, onde finalizaremos a nosa andaina.
No percorrido disfrutaremos de fermosos paisaxes e impresionantes vistas da Serra do Galiñeiro.  Coñeceremos tamén algún dos regos tributarios do Louro como o Becerreira e o San Simón, e visitaremos zonas húmidas e bosques de ribeira de grande valor ecolóxico.