Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

29/4/13

O día da nai escomezan os percorridos polos sistemas dunares

O primeiro sistema dunar que se vai visitar é o do Concello de Vigo, facendo un percorrido dende Cabo Estai ata Tombo do Gato, pasando polas praias de o Vao e de Samil. Terase ocasión de explicar a lóxica dos distintos tipos de dunas e particularmente o caso de Vigo.
Tamén se terá ocasión de ver no Tombo do Gato o traballo que o voluntariado de Camiño a Camiño está facendo na erradicación dunha especie vexetal invasora como é a margarita africana (Arctotheca calendula).

Con motivo da celebración do día da nai, o percorrido será un pouco mais curto do normal, e a hora estimada de chegada á praza do Rei serán as 13:00 aproximadamente.