Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

15/3/13

Previsión fin de semana 16-17 marzo

Claramente esta primavera está pasada por auga e así o podemos anticipar para esta fin de semana.
Algunhas actividades se suspenden (voluntariado en Lagares e en Cíes o sábado e o domingo; hortas en Fontáns e en Pedro Alvarado), outras se manteñen (percorrido medioambiental do domingo e curso básico de hortas-escola o sábado en Vigozoo) e aparece o venres 15 unha nova: gran acción de voluntariado en Lagares.


Previsión climatolóxica (meteogalicia)





Percorridos medioambientais
Este domingo vaise percorrer o rego do Bao, que nace nos montes de Saiáns e conforma unha das zonas húmidas máis destadas do Concello (ver documento)


Fontes que nacen nos montes de Coruxo


Cursos en Vigozoo
Prosiguen os cursos de hortas  en Vigozoo, que como nas dúas edicións están completos con asistentes moi interesados na cultura da horta.