Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

21/2/13

Voluntariado en Cíes durante marzo

A Concellería de Medio Ambiente ven de acordar co Parque das Illas Atlánticas un programa de actuacións de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes para o ano 2013. 
 
 
En virtude a este acordo dúas accións son inmediatas:
1. Acción de repoboación: xoves 28 febreiro e venres 1 marzo, incluída o desprazamento e a dormida na illa, sendo a alimentación a cargo do voluntariado. 9 prazas
 
2. Accións de erradicación de arbóreas invasoras e transplante de arbóreas autóctonas e Acción de creación de charcas. 
Quenda 1: sábado 9 e domingo 10 de marzo
Quenda 2:  sábado 16 e domingo 17 de marzo
En ambos casos inclúese o desprazamento e a dormida na illa, sendo a alimentación a cargo do voluntariado. 9 prazas/quenda

Para organizar estas accións e presentar outras accións previstas de voluntariado de Camiño a Camiño, convócase ao voluntariado que ten asinado o correspondente acordo para unha xuntanza o vindeiro sábado 23 de febreiro, as 12:00, en Vigozoo.