Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

24/2/13

Lagares baixo: a natureza que quere volver ao seu canle

Dia frío pero fermoso para pasear polo paseo do Lagares. Os participantes en Camiño a Camiño tiveron hoxe a oportunidade de ver o percorrido cunha nova perspectiva: a de un río, con moitos afluentes que lle fan tributo e que a partir dun momento é modificado o seu trazado a través de canalizacións. Por momentos, e en épocas de moitas choivas como a actual, quere recuperar a sinuosidade orixinal e, en argot fluvial, ponse a "traballar".



Ao longo do percorrido poidose comparar o traxecto actual co de fai un cuarto de século e, por suposto, tamén se tivo ocasión de gozar da ribeira, do sempre espectacular Parque de Castrelos, do tramo máis urbano do río en Balaídos, das zonas húmidas de Goberna e de Muíños e, como non, da sempre sorprendente Xunqueira. Flora e fauna sempre presente e, os múltiples viandantes do paseo acababan de conformar a estampa do día (ver mais imaxes no albúm da xornada)