Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

25/2/13

Información de hortas urbanas no blog

Na solapa "Hortas urbanas en Vigo" acábase de introducir información de como participar e dos contidos do curso básico. A partir de agora, paulatinamente, iránse incorporando novos contidos nesta sección.


Lembrar que os catro vindeiros sábados celebrarase en Vigozoo o Curso básico de hortas urbanas. Para poder participar nel hai que inscribirse de luns a xoves no 010 e permite facer solicitude de participación nas hortas-escolas en funcionamento.
Aquelas persoas que xa realizaron o curso basico tamén están na lista de agarda para poder participar nas novas hortas de Pedro Alvarado e de Navia. 
Este xoves, 28 de febreiro, na Lonxa do Concello, están convocadas aqueles participantes nos cursos de 2012 que aínda non teñen asignado espazo na horta-escola.