Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

18/1/13

2013 vai collendo forma

Estimados e estimadas participantes nos programas de Camiño a Camiño:
despois do merecido descanso, pouco a pouco iníciase a actividade. Os participantes nas hortas de Fontáns e de Camelias continúan co traballo feito (agás mañán sábado 19 que dan temporal); os apuntados na horta de Navia están preguntando cando empezan pois o persoal do programa Util do Concello de Vigo está iniciando os traballos na parcela prevista; os participantes nas rutas xa están inquedos porque se "perde a forma"; o voluntariado tamén quere continuar pois estaba previsto facelo este mércores 16 pero entre climatoloxía e temas organizativos hai que agardar a mediados de febreiro. En fin, que na secretaría da Concellería de Medioambiente nos comentan que son múltiples as chamadas.
Comentaros que se está organizando todo para presentar a programación a principios de febreiro. Nese momento indicaranse as datas concretas de rutas, voluntariado, hortas e cursos. Publicarase todo neste blog e na web da Concellería de Medioambiente e a todos e todas os que dispoñades de carné de Camiño a Camiño avisarasevos por sms e correo electrónico. Agardamos que o tempo mellore un pouco para aquela. Saúdos de todo o equipo.

Para alegrar o día, unha foto deste verán enviada por un/unha voluntario/a:


PD: Por certo, se alguén aínda quere enviar 3 fotos para a exposición fotográfica "Camiño a Camiño 2012" que se está preparando aínda hai prazo ata o mércores 23 de xaneiro (envialas a info@caminoacaminovigo.org)