Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

14/11/12

Martes de hortas en Fontáns e Camelias

Pouco a pouco vaise collendo ritmo e a actividade das hortas bota a andar. Este martes seguíronse cos preparativos na horta de Fontáns, en horario de mañán e tarde tal e como se pode comprobar na fotografía. Participaron un total de 11 persoas.



Na horta de Camelias tamén se continuou coa plantación que se iniciaron a semana pasada, ca presenza de 6 persoas.


Nesta semana está previsto actividade en Fontáns o sábado pola mañá, así como continúan os cursos na horta de Vigozoo.