Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

28/11/12

Hortas urbanas e Voluntariado para esta semana

Nesta semana as hortas urbanas e o voluntariado medioambiental son os protagonistas. 

Na horta de Fontáns estase rematando con todos os preparativos: habilitación da caseta para depositar o material e poderse cambiar, colocación de puntos de rego, preparación do aparcadoiro e do peche perimetral. O proceso de asignación de bancais está a bo ritmo todos os martes de 10 a 13h, os mércores de 16 a 18h e os sábados de 10 a 13h.


Na horta de Camelias segue o proceso de plantación e de traballo en grupo por parte das persoas participantes. Os martes de 16 a 18h e os mércores de 11 a 13h vanse incorporando novas persoas ao grupo.


A horta de Navia segue no proceso de preparativos e en canto haxa información ao respecto xa vos informaremos e enviaremos un correo electrónico.  

No tocante ao voluntariado medioambiental, dúas novidades para esta semana. Por unha banda, iníciase actividade na zona húmida de A Bouza. Por outra banda, aparte dos mércores e os sábados pola mañá (10 a 13h), ábrese un novo horario os mércores de 16 a 18h. Deste xeito téntase dar cabida a persoas voluntarias que polas mañáns non poden participar.