Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

20/11/12

Ampliación de prazas para Ruta a Ancares

Como en todas as Rutas por Galicia, as peticións de participación superan as prazas ofertadas. No caso da Ruta de Ancares non podía ser doutro xeito e, a pesares de incrementar 25 prazas sobre o previsto inicialmente, segue habendo moita demanda. 
Por motivos de baixas efectuadas ata o momento, ábrese unha nova convocatoria dende este martes 20 de novembro, as 11:00, para cubrir as citadas prazas. 
O procedemento é o habitual: chamar primeiro ao 010 e preinscribirse por estricto orde de chamada. Unha vez preinscrito, pechar a inscrición na Casa da Xuventude cubrindo a ficha que está dispoñible neste blog (pinchar aqui) e abonando a achega de 65 euros.
Lembrar a todos e todas as inscritas, que este xoves, as 19:30 horas, no Vigozoo, haberá unha charla de preparación da ruta.

E para ambientar esta segunda quenda, achegamos fotos da primeira quenda (ver fotos). Tamén no safari fotográfico dispondes das fotos que enviaron participantes como Angeles, Xurxo ou Nacho.