Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

24/7/12

Concurso de fotografía entre o voluntariado de Cíes

Á vista das impresionantes fotografías que remiten ao blog os participantes no programa de voluntariado de Illas Cíes, o Parque Nacional das Illas Atlánticas propuxo organizar un concurso de fotografía entre todos e todas.
Cada participante poderá presentar 2 fotos de contido libre durante o período de vixencia do programa (ata o 30 de setembro). Remitirase por correo electrónico coa denominación "Concurso fotográfico" a info@caminoacaminovigo.org , indicando o propietario da instantánea e, se se considera, o slogan da fotografía.
Entre todos os/as participantes seleccionaranse 10 fotografías. O premio consistirá nun lote de libros editados polo Parque.
A modo de exemplo, facémonos partícipes das interesantes fotografías obtidas na cuarta quenda por parte de Jose Luís e que se atopan no apartado "Voluntariado Cies Veran 2012"