Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

20/5/12

O voluntariado en Cíes contínúa andaina

O terceiro grupo de voluntarios e voluntarias nas Illas Cíes iniciou a súa actividade este sábado. 
Cun tempo inestable pero suficientemente confortable como para abordar a "busca e captura de arcthoteca calendula", comezaron as labouras no propio espazo do camping. Dábaselle así continuidade ao traballo realizado durante semana santa polos grupos anteriores.




Pero o día, aparte do chaparrón á hora de embarcar, trouxo sorpresas agradables como a observación dos fondos mariños coa técnica de snorkel. A temperatura ambiente estaba relativamente agradable e, aparte de aprender ou mellorar a técnica de buceo por superficie, tamén permitiu ollar exemplares de choco como o que se ve a continuación (mais no apartado Voluntariado)