Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

14/5/12

Información para a inscrición nas actividades desta semana

Comeza a semana das Letras Galegas cun amplo abano de actividades nas que participar. Como o xoves é festivo, adiántase todo o proceso de inscrición ao mércores.


I. Rutas (requisito: estar empadroado; os non empadroados inscribiranse na lista de agarda)
- Rutas nas Médulas (19-20 maio): preinscrición no 010 e inscrición definitiva ata o mércores na Casa da Xuventude con pago da correspondente cota. Lembrar que neste caso o xoves é festivo e compre facer a reserva de billetes de Renfe o propio mércores pola tarde
- Visita a Cíes (20 maio): inscrición no 010 e pago da cota na Estación Marítima o propio domingo as 9:30 h.


II. Voluntariado (requisito: estar empadroado e ter realizado o curso de voluntariado medioambiental; os non empadroados inscribiranse na lista de agarda)
- Voluntariado no Lagares (16 e 19 maio). Atención: acordouse anticipar a actividade de 9 a 12 horas para evitar estar excesivamente expostos ao sol.
- Voluntariado en Cíes (19-20 maio). preinscrición no 010 e inscrición definitiva ata o mércores na Casa da Xuventude con pago da correspondente fianza. Lembrar que pode anotarse rapaces acompañantes