Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

17/4/12

Quen non camiña, nunca erra

Os responsables da ruta de Greas 4 deste domingo 15 de abril queremos recoñecer publicamente os problemas de índole organizativo que tiveron lugar no desenvolvemento da mesma e que foron derivados da mala  coordinación dos distintos recursos postos en funcionamento, sendo completamente allea a eles os monitores en ruta e a Concellería de Medio Ambiente. 
Aceptamos, por tanto, como completamente fundamentadas as queixas remitidas ao blog  e que sobre todo afectaron ao grupo da ruta curta que tiveron que agardar un tempo excesivo polo autobús nun espazo aberto e sometido ás distintas vicisitudes da climatoloxía. Todas estas circunstancias foron explicadas debidamente á Concellería e articulados mecanismos para que non se volvan a producir. Solicitamos publicamente disculpas.
Por último, agradecemos a madurez con que os participantes no Camiño a Camiño vos comportades no desenvolvemento do traballo, anque teña erros, e a conclusión dun verdadeiro camiñante: "...quen non camiña, nunca erra. Iso sí, se é bo camiñante non volve caer no mesmo erro".


Foto enviada por Antonio desta etapa (ver Safari fotográfico)