Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

17/4/12

Preparativos para a Ruta de Manzaneda

O grupo para facer as rutas de Manzaneda está case que pechado e facendo os preparativos para visitar o Macizo Central galego.
As condicións metereolóxicas semella que melloran para a fin de semana, anque hai que agardar para ter unha previsión máis certeira. A ruta do sábado non chega a superar a cota de neve, co que non haberá neve no camiño, pero pode chover un pouco. Para a ruta do domingo non hai previsións de choiva ou neve, pero si que haberá unha capa de neve duns 30 cm aproximadamente e temperaturas baixas pero por riba de 0ºC.

Panorámica de Manzaneda con neve

Recomendacións para o sábado:
- Roupa e calzado normal como para calquera saída propia desta época do ano.
- Mochila: o autobus déixanos e recóllenos, co que só hai que levar unha mochiliña con auga e algo para picar. A comida pode quedar no autobús, que ao remate nos acercará a Pobra de Trives onde poderemos comer o que levamos.

Recomendacións para o domingo:
-  Botas impermeables (con membrana transpirable ou ben engraxadas), quentes e con bo debuxo.
-  Polainas de caña, ou ben polainas de media caña combinadas con pantalóns impermeables.
-  Pantalóns quentes, que sequen rápido e que non pesen se se mollan coa neve. Pódense combinar uns mais lixeiros con pantalóns impermeables ou de membrana transpirable.
-  Protección solar e gafas de sol.
-  Poncho ou chuvasqueiro.
-  Luvas ou manoplas.
-  Bufanda ou braga pro pescozo.
-  Viseira ou gorro.
-  Bastóns ergonónicos ou vara tradicional.
-  Mochila: saímos e chegamos ao aloxamento, co que só hai que levar unha mochiliña con auga e algo para picar. A comida agárdanos ao regreso nas instalacións de Manzaneda.

Outras recomendacións:
- Piscina: Toalla, bañador, gorro de piscina, chancletas.
- Habitacións (modificación sobre previsión inicial): Non é necesario saco, xa que as camas están provistas de sábanas. Son pequenos apartamentos de 4 ou de 8 prazas (tendo en conta sofás cama no salón comedor), sitos o lado da piscina e do comedor. Contan con calefacción.