Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

20/4/12

Percorrido da 5ª etapa de Greas


Fermosa e variada ruta de 12’4 km e dificultade media a que se ten previsto facer este vindeiro domingo día 22 de abril. Moi andadeira pese ao que poidamos interpretar co perfil da ruta (ver detalle no documento "Greas 5")
Partiremos dende San Cibrán (Donas), pasaremos pola aldea de A Portavedra e iremos ata as inmediacións da aldea de Torre, confluencia das estradas que comunican Gondomar con Tomiño. Aquí teremos o Apeadeiro, é dicir, practicamente a metade da ruta.
Os que sigamos ata o final atravesaremos o rego que vai cara aos muíños de Couso e chegaremos a aldea de A Fraga. A partir de entón estaremos subindo os abeiros do Monte Tetón (455 m), por pistas e camiños que nos levarán ata o cumio e dende onde poderemos deleitarnos cunhas das vistas máis fermosas que veremos no Sendeiro das Greas
Xa de baixada cara ao final da ruta, temos por forza que parar ante unha das estacións de petroglifos que rodean ao Monte Tetón.




Ruta: Chan do Cereixo – Val do Tebra.

Recorrido completo: 12’4 km.                              Duración: 4:00 h
Ata o APEADEIRO: 7 km.                                     Duración: 2:30h

Altura máxima: Monte Tetón (474.4 m.)              Altura mínima: río de Couso (217 m.)
Dificultade: Media

Pendente máxima: 22,2 % - 26,8 %