Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

28/4/12

O voluntariado prepárase para o Lagares e Cíes

O día de hoxe foi intenso en canto a voluntariado: pola mañán 53 persoas participaron no curso de iniciación ao voluntariado medioambiental e pola tarde 15 coordinadores/as realizaron a preparación da acción do lagares prevista para o 5 de maio.
No curso de voluntariado, aparte de abordar nocións básicas de voluntariado e de voluntariado medioambiental, tratouse con certa profundidade as próximas accións previstas no Lagares e en Cíes. 
Tivemos a ocasión de que a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, nos ilustrase con detalles do traballo que se leva facendo no río e como repercuten dun xeito importante as precipitacións no arrastre de lixo dos aliviadeiros de pluviais ao cauce. Por tal motivo, despois dunha semana como a pasada con moita choiva en pouco tempo, aparece mais prástico.




Na preparación da tarde, os coordinadores/as de grupos estiveron comprobando sobre o terreo as zonas sobre as que se ía traballar a erradicación de prantas invasoras e o percorrido de limpeza previsto. Contouse coa presenza de biologos que van apoiar a acción, que deron instruccións prácticas de como operar e de que tipo acción se estaba desenvolvendo.
Agora só queda irse apuntado no 010 para lograr un importante quorum o día 5.