Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

15/4/12

O Camiño a Camiño en idade escolar chega ao seu ecuador

Dende o 5 de marzo que se iniciou o Camiño a Camiño en idade escolar levan participado nas visitas aos humedais un total de seis centros educativos públicos de primaria: CEIP Balaidos, CEIP Javier Sensat, CEIP Valle Inclán, CEIP Fonte Escura, CEIP Carrasqueira e CEIP Seis do Nadal. Os restantes nove centros previstos realizarán a visita ata mediados de maio.
Como se pode comprobar no aparado "CaC EN IDADE ESCOLAR", os rapaces e rapazas participantes tiveron ocasión de achegarse ás zonas húmidas próximas aos seus centros educativos e comprobar en directo como é a dinámica destes singulares hábitats.