Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

23/4/12

Greas 5: unha camiñada para lembrar

Nunhas condicións climatolóxicas óptimas para camiñar, a quinta etapa da Senda das Greas combinou todo o que se lle pide a unha boa ruta: vistas, entorno medioabiental, patrimonio e orografía moi accesible.
Dende os distintos puntos da ruta poidose contemplar dende Cíes ata o río Miño, pasando por todas as montañas do sur de Pontevedra.


Un dos contrastes máis chamativos foi o paso por tristes espazos colonizados completamente por eucalitos e o paso por explendorosos bosques autóctonos. Sen dúbida o sentido visual estivo moi activo.


Por último, o paso polo ecoparque arqueolóxico Monte Tetón resultou unha experiencia moi interesante de comprensión dos petroglifos, entre os que destacan algúns dos máis importantes de Europa. As explicacións proporcionadas permitiron valorar as culturas prehistóricas.