Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

9/4/12

Escomenza o 2º trimestre con Greas e Manzaneda

Da programación que dispondes na lapela "Programa 2º trimestre" salientar que nesta semana actívanse a inscrición a través do 010 para as rutas da 4ª etapa de Greas e para o primeiro grupo de Manzaneda:

- 4ª etapa da Senda das Greas (domingo 15).
Como vos comentaremos a partires do xoves, vai ser particularmente atractivo.
Iso sí, lembrade que a hora de convocatoria na Praza do Rei adiántese ás 8:30, para así poder sair as 9:00 e, dese xeito, chegar a unha hora razoable a comer. O prezo da actividade é de 3 euros a abonar no momento de acceder ao autobús.


- Rutas por Cabeza de Manzaneda (sábado 14 e domingo 15).
Inclúe transporte, aloxamento compartido en Albergue turístico Queixa (bungalows), cea do sábado, e almorzo e xantar do domingo. Cómpre levar xantar para comer en ruta o sábado. O prezo é de 55 euros a abonar na Casa da Xuventude de luns a xoves en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

O sábado está previsto realizar unha ruta entre San Xoán de Rio e Pena Foleche, con parada en Trives. Aproveitase o percorrido da vía romana (Vía XVIII do itinerario de Antonino) que unía Bracara Augusta e Asturica Augusta e terase ocasión de descubrir como foron introducidos os castaños polas lexións romanas como base para a súa alimentación.
A ruta faise antes de chegar á estación de Manzaneda e, polo tanto, a comida cómpre que a leve cada participante.


Distancia: 8,8 km.
Elevación minima: 684m. Elevación máxima: 864m
Pendiente media: 9,2%, -11,1%. Pendiente máxima: 33,3%, -42,9%
Dificultade: media-alta.
Ponte Navea, antiga fábrica romana

A partir das 17:00 está prevista a entrada na estación de montaña. As habitacións son compartidas ou de literas, sendo preciso levar saco de durmir e toallas.
Queda dispoñible a tarde para facer actividades voluntarias como piscina (levar gorro), tiro con arco, etc. Pola noite, se o ceo está claro, farase unha observación de estrelas.



O domingo pola mañá, se a climatoloxía o permite, realizarase unha ruta circular dende a Estación de Montaña ata a Cabeza grande de Manzaneda (1778m), pasando polo circo glaciar e os curros de montaña. Verase en plenitude o Macizo Central.


Distancia: 13,8 km.
Elevación minima: 1396m. Elevación máxima: 1767m
Pendiente media: 8,1%, -10,1%. Pendiente máxima: 39,8%, -39,0%
Dificultade: alta.