Chus Lago presenta o Voluntariado no Lagares


A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou hoxe en rolda de prensa as actividades previstas no Programa de voluntariado medioambiental "Camiño a Camiño" para o período de primavera e verán. 
Destaca como novidades as accións que se van a desenvolver no río Lagares o sábado 5 de maio e logo durante  o mes e medio seguinte, así como o patrocinio de Eroski nestas accións.
Tamén se lembrou toda as accións previstas nas Illas Cíes en colaboración con Parque das Illas Atlánticas e as accións de formación de voluntariado entre abril e xuño.



ACCIÓN RÍO LAGARES

a) Acción colectiva da cidadanía de Vigo: 5 de maio, de 9-14h.
Función principal: erradicación de alóctonas e limpeza entre o tramo do CEIP de Balaidos e a zona húmida de Goberna.
Participantes: cidadáns maiores de idade empadroados en Vigo. A convocatoria inicial é ata 200 postos de voluntariado.
Preinscrición: dende hoxe mesmo no 010, indicando "Voluntariado do 5 de maio".
Inscrición: A participación na actividade do 5 de maio require a cobertura dunha documentación específica que dende o venres 27 de abril e en días laborables estará dispoñible na Casa da Xuventude. Esta inscrición permite ter as coberturas que esixe a lei de voluntariado.

b) Acción por pequenos grupos: entre o mércores 9 de maio e o sábado 16 de xuño
Función principal: repasar e completar traballo pendente da actividade do 5 de maio e facer labores de conservación no percorrido do río no entorno do Parque de Castrelos.
Participantes: cidadáns maiores de idade empadroados en Vigo. A convocatoria inicial é de 4 grupos de 10-20 persoas, que  quincenalmente desempeñarán a súa función contando con acompañantes dos distintos servizos municipais ou de técnicos específicos.
Preinscrición: dende hoxe mesmo no 010, indicando "Voluntariado quincenal no Río Lagares" e escollendo entre as seguintes combinacións:
- Mércores: 9.5 / 23.5 / 6.6                - Sábado: 12.5 / 26.5 / 9.6
- Mércores: 16.5 / 30.5 /13.6             - Sábado: 19.5 / 2.6 / 16.6
Inscrición: A participación nestas actividades require a cobertura do documento "Acordo de incorporación" e dunha documentación específica da Oficina Municipal de Voluntariado que dende o venres 27 de abril e en días laborables estará dispoñible na Casa da Xuventude.
Para poder realizar labores de voluntariado no Programa “Camiño a Camiño” é imprescindible que se faga o Curso de iniciación ao voluntariado.
Se xa se dispón do curso de iniciación ao voluntariado medioambiental e do "acordo de incorporación no voluntariado medioambiental", os/as interesados/as deben pasar pola Oficina Municipal de Voluntariado para cubrir brevemente os datos dunha enquisa.


CURSOS DE VOLUNTARIADO

Os vindeiros cursos de iniciación ao voluntariado están previstos para o 28 de abril, de 10 a 14h; o 5 de maio, de 17 a 21h (cámbiase a hora por motivo da actividade no río Lagares); o 12 de maio, de 10 a 14h; así como, os 16 ou 23 de xuño, de 10 a 14h. 
O proceso de inscrición realízase no 010 na semana previa ao curso, podéndose facer inscricións anticipadas para as semanas seguintes. Entre outras avantaxes, a realización desta formación habilita para realizar labores voluntarias nas Illas Cíes.
Nestes cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental preténdese que os/as participantes coñezan que significa ser voluntario/a, que dereitos e deberes lle corresponden, conceptos básicos sobre os hábitats, alternativas a procesos que deterioran o entorno, etc.  


Nombre

Avisos,2,Fotos,83,Novas,199,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Chus Lago presenta o Voluntariado no Lagares
Chus Lago presenta o Voluntariado no Lagares
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgHUrUcWjXNUf_4tcSL9-CCmKmrbRV2dkTxHY6kERwRqVSQbAF507_796MTl_ZsYxjTJ-AkWM58qGnqlKHee5Sz-BnMyqb13DVDiVM1BwV9ZBw4FCiZdA9D12tQmYrdjBRLEQCydaEzWWhO/s400/IMG_6139.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgHUrUcWjXNUf_4tcSL9-CCmKmrbRV2dkTxHY6kERwRqVSQbAF507_796MTl_ZsYxjTJ-AkWM58qGnqlKHee5Sz-BnMyqb13DVDiVM1BwV9ZBw4FCiZdA9D12tQmYrdjBRLEQCydaEzWWhO/s72-c/IMG_6139.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/04/chus-lago-presenta-o-voluntariado-no.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/04/chus-lago-presenta-o-voluntariado-no.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar