Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

29/4/12

Actualízase a programación de Maio: bótalle unha ollada

Comezamos o mes de maio cun intenso programa de actividades e algúns cambios sobre a prevísión inicial que cómpre ter en conta:

1. Rutas por Vigo e Bisbarra:
- 6 maio: Cabo Udra - Hío. Por ser día da nai, a ruta prevista para todo o día pasa a ruta de mañán (tentando chegar as 2:30 o máis tardar). Sáese da Praza do Rei, estando convocados as 8:30 para saír as 9:00
- 13 maio: Hío - Cangas (pola costa). Neste caso, se o tempo acompaña, sí que está previsto que a ruta sexa de día completo. Tamén se fai en autobús.
- 20 e 27 maio: Visita ao Parque natural de Illas Cíes. Sairase dende a Estación Marítima

2. Rutas por Médulas (12-13 e 19-20 maio):
Ábrese a ruta a menores de idade se van acompañados cos seus pais ou titores.
Ao final da semana colgarase información detallada da ruta.

3. Voluntariado no Lagares: erradicación de prantas invasoras e limpeza na ribeira do río Lagares (ver mais información no apartado documentos "Voluntariado no Lagares abril-maio")
- 5 maio, 9-14 h (tramo Balaídos-Rúa Ricardo Mella):
Está aberto a todo aquel que queira participar, podendo ir acompañado dos fillos/as
O horario é orientativo e cada quen que estea o tempo que poida. 
Cómpre apuntarse no 010 e logo pasar por Casa da Xuventude durante a semana (mellor ata o xoves) para poder dar de alta o seguro de voluntariado. Alí tamén se vos dará información adicional.
- Mércores e sábados entre 9.5 e 16.6, 10-13 h (rematar tramo Balaídos-Rúa Ricardo Mella e, logo, dende o Parque de Castrelos cara Sárdoma):
Cómpre facer o curso de iniciación ao voluntariado (hai aberto prazo para o 5.5 pola tarde ou o 12.5 pola mañán no Vigozoo)
Se se está interesado, apuntarse e logo acabaranse facendo as quendas segundo dispoñibilidade.

4. Voluntariado en Illas Cíes: erradicación de prantas invasoras e limpeza  (ver no blog fotos da acción de Semana Santa)
Cómpre facer o curso de iniciación ao voluntariado (hai aberto prazo para o 5.5 pola tarde ou o 12.5 pola mañán no Vigozoo)

5. Actividades infantís (6 a 12 anos): explorando Vigozoo (sábados 17-19h)  (ver web Vigozoo)
Inscrición no 010 ou o mesmo día no Vigozoo.
Aparte de realizar actividades diversas de aventura e de interpretación, abordarase como tema transversal o Ano internacional dos Morcegos.