Avisos

AVISO IMPORTANTE: POR MOTIVO DA CATÁSTROFE NOS MONTES DE VIGO SUSPÉNDENSE AS RUTAS POLA SENDA PANORÁMICA DE VIGO (GR-53) E AS ACCIÓNS DE VOLUNTARIADO DE CAMIÑO A CAMIÑO PREVISTAS PASANDO A REALIZARSE LABORES DE RECUPERACIÓN DOS MONTES DE VIGO.
A PARTIR DO LUNS 23 DE OUTUBRO INFORMARASE DAS ACTUACIÓNS PREVISTAS PARA ESTA SEMANA. MÁIS INFO: no 010 (986810260 dende móbil)

22/3/12

SENDEIRO DAS GREAS I: 3º Virxe da Rocha - Chan da Lagoa

Rematamos esta Etapa I co terceiro e último tramo, percorrendo desta vez só terreos pertencentes ao municipio de Baiona, e polo que aínda andaremos sobre camiños medievais enlousados, outros de madeira aproveitanto o paso dos regos que baixan dos montes e outros que serán grandes pistas forestais que percorren os lombos dos outeiros dende os que se observan unhas marabillosas vistas da boca sur da nosa Ría de Vigo.


Información máis extendida no documento "GREAS 3".



Ruta Única: Virxe da Rocha – Chan da Lagoa
Recorrido: 10,8 km Altura máxima: Chan da Lagoa (342 m)
Duración:
3 h Altura mínima: Rutas dos muíños de Baredo (13 m)
Dificultade:
Moderada tirando a alta (Tramo medio moi empinado)
Pendente máxima:
29,3%
NON HABERÁ APEADEIRO debido as circunstancias do percorrido, por ser impracticable o paso de vehículo algún (nin autobuses, nin coche de apoio) polos sendeiros a percorrer neste tramo. 

Atención camiñantes:
Cambio de horario de verán esta fin de semana. Adiántase unha hora na noite do sábado 24 ao domingo 25.