Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

19/3/12

O Curso de Voluntariado en Vigozoo contou cunha intensa participación

Este sábado 17 de marzo escomezaron os cursos de voluntariado medioambiental organizados pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo.
A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, inaugurou este primeiro bloque de cursos animando aos participantes a coñecer a fondo o precioso entorno que nos rodea no Concello de Vigo e a colaborar na importante tarefa de conservación. Tamén deu a coñecer a previsión de realizar, xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas, estas tarefas tanto en Semana Santa como en dúas fins de semana de maio e durante todo o verán.


Os preto de 90 participantes tiveron ocasión de coñecer que se pretende coa figura do voluntariado nos proxectos de conservación en espazos de especial interese ecolóxico, así como a formación de contidos e técnica básica para iniciar próximamente a laboura nas Illas Cíes.


O vindeiro sábado 24, entre 10 e 14h, repetirase o curso de voluntariado ambiental para aquelas persoas interesadas nunha formación básica e que queiran participar nas accións de voluntariado previstas para este ano.