Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

31/3/12

Co descanso de Semana Santa, inícianse as labores de voluntariado en Cíes

Un total de 30 inscritos na primeira quenda de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes. Con este grupo iníciase o programa promovido pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas. Dende este momento ata finais de setembro esta previsto que un total de 600 persoas voluntarias participen no programa.
Os ánimos, a pesares do madrugón para algúns, eran bos. Son catro días intensos, de inicio de tempada en Cíes e onde a laboura a desenvolver é grande. Xa nos contarán nalgún que outra misiva.
Derivado de ser inicio de tempada, moitos dos participantes optaron por levar enseres. No camping está previsto que funcione o autoservicio e subministro básico (pan, auga e leite), pero aínda non está operativo nin o supermercado nen o bar de abaixo.