Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

5/3/12

Camiño a Camiño en idade escolar

A Concellería de Medio Ambiente inicia hoxe o programa de Camiño a Camiño en idade escolar coa visita por parte dos alumnos de 6º de primaria do CEIP Balaidos á zona húmida de Goberna.
Na actividade de interpretación medioambiental prevista contémplanse abordar a biodiversidade propia das zonas húmidas, o efecto das especies invasoras, a observación de aves e de flora, a realización de xogos e, sobre todo, a importancia de conservar espazos que son refuxio de moita flora e fauna.
Está prevista a participación de 15 centros educativos públicos próximos ás zonas húmidas de O Vao, Muiños, Goberna, A Bouza e Barreiro, con acceso de preto de 750 escolares. Con esta actuación complétase a campaña de promoción das zonas húmidas de Vigo, coa que a Concellería de Medio Ambiente quere por en valor uns destacados espazos naturais cos que conta a cidade e sobre os que se están desenvolvendo actuacións destacadas nos últimos anos.