Avisos

PERCORRIDO POLA COSTA DA VELA (CANGAS). Domingo 15 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) a partir do 2 outubro

PRÓXIMOS CURSOS DE HORTAS URBANAS. Quenda 1: Sábado 14 outubro, mañá. Quenda 2: Xoves 19 outubro, tarde. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)
PRÓXIMO CURSO INICIACIÓN VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Sábado 14 outubro, mañá. Inscrición no 010 (986810260 dende móbil)

VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 10 outubro, 16:00 na Pasiva ou 16:30 no Muíño de Maquías (encoro Zamáns)
VOLUNTARIADO VIGOZOO: Erradicación invasoras. Entre o 17 outubro e 7 novembro, martes e xoves de 10:00 a 13:00 en Vigozoo.

24/2/12

Os máis novos preparados para visitar a Cova de Cortiñas

Os preparativos para visitar a cova de Cortiñas están ultimados. Para iso tivo lugar este xoves pasado unha sesión orientativa para os participantes a cargo dos monitores que van desenvolver a actividade.
Bea, do Espeleo Club Aradelas, presentou dun xeito moi ameno e visual o básico que temos que coñecer das covas e da espeleoloxía: dende como se conforman ata qué nos podemos atopar, pasando por facer un repaso da topografía da cova de Cortiñas. Ademais tamén abordou temas básicos da indumentaria a levar e de como cómpre comportarse no interior das covas.
Tanto rapaces/as como adultos, disfroitaron da charla e interesáronse por diversos aspectos organizativos.
A reportaxe fotográfica da sesión formativa pódese ollar no apartado de "Fotos".