Avisos


PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS. 28 de setembro, todo o día: ruta a pé pola ribeira do Miño (Salvaterra de Miño - Tui) e con descenso en embarcación neumática (Arbo). Inscricións no 010 a partir do luns 22 de setembro.
CURSOS DE HORTAS E VOLUNTARIADO. Sábado 27, pola mañá. Inscrición no 010 a partir do luns 22 de setembro.
HORTAS URBANAS. Horario de verán ata o 27 de setembro: mañás, de 9 a 12h, e tardes, de 18 a 21h. A partir do 29 de setembro, horario de inverno: mañás, de 10 a 13h e tardes, de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL. Acto de inauguración de tempada de outono: martes 23, as 19:00, en Vigozoo.
CONCURSO FOTOGRÁFICO "VOLUNTARIADO EN CÍES 2014". Durante o mes de setembro podedes enviar a info@caminoacaminovigo.org ata 3 fotos por persoa para participar no concurso promovido polo Parque das Illas Atlánticas.

Programa 4º trimestre 2014

Presentación  |  Percorridos medioambientais  |  Voluntariado medioambiental | Hortas urbanas de Vigo | Conferencias e Cursos de formación

8 setembro 2014


PRESENTACIÓN

O programa de educación medioambiental Camiño a Camiño desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto para os meses de setembro a decembro de 2014 unha programación que combina percorridos medioambientais por Vigo e bisbarra e por Galicia, con voluntariado medioambiental, con hortas-escola e con actividades divulgativas e formativas

"Camiño a Camiño" ten como obxectivo a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa. 
Nesta edición, xunto con actividades clásicas, céntrase a atención en aspectos xeolóxicos de Vigo e bisbarra, así como coa presentación da rede de sendeiros locais que o Concello está a promover. Proséguese coa actividade das hortas-escola que tan boa acollida está tendo e coas accións formativas de voluntariado e de hortas, así como en charlas divulgativas sobre temas de interese xeral.

Máis información relativa á "Inscrición"


PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS
Rutas polo Miño: navegar e camiñar (5) | Ecosistemas de montaña (2) | Rutas por Vigo: Xeoloxía (3) | Sendeiros Locais de Vigo (3)


Nesta tempada os percorridos medioambientais escomézanse no Río Miño para posteriormente centrarnos nos picos máis altos da zona de Vigo e rematar contra novembro coa realización dos tres sendeiros locais que o Concello de Vigo está a promover en colaboración con Montes de Vigo.
Como novidade da tempada, poderase realizar unha observación do territorio no entorno do río Miño dende embarcacións neumáticas.

Rutas polo Miño: navegar e camiñar
A Cañiza - Arbo (a pé)** (21 setembro)
Salvaterra de Miño - Tui (a pé)** (28 setembro)
Salcidos - Desembocadura do Miño (a pé)* (5 outubro) 
Saída: 9:30 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:00
Retorno (estimado): 20:00 ou 15:00 na Praza do Rei.
Grupo de ata 300 persoas
Transporte: por conta dos usuarios/as
* Xornada de mañá. Achega 3 euros. Desprazamento: autobús discrecional
** Xornada de día completo. Achega 7 euros. Desprazamento: autobús discrecional. Xantar a conta dos/das participantes.
Menores de 12 anos: 50% da achega.
Inscrición: 010 (986810260 para móbiles), na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00
Lugar de pago: unha vez inscritos no 010, na Casa da Xuventude (López Mora 31, en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas) ata o xoves pola mañá previo á actividade.


Arbo (descenso en embarcación neumática). Quenda 1 (21 setembro)
Arbo (descenso en embarcación neumática). Quenda 2 (28 setembro)
Saída: 9:30 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:00
Retorno (estimado): 20:00 na Praza do Rei.
Grupo de ata 60 persoas. Exclusivamente maiores de idade.
Transporte: por conta dos usuarios/as
Xornada de día completo. Achega 7 euros. Desprazamento: autobús discrecional. Xantar a conta dos/das participantes.
A levar: traxe de baño, toalla, calzado axeitado para a actividade, así como a comida. A organización proporciona os traxes de neopreno e material de seguridade correspondente.
Previa á actividade realizarase unha acción formativa para cada un dos dous grupos que se formen. Namentres un grupo realiza a actividade de descenso, o outro grupo realiza un pequeno percorrido pola beira do río.
Inscrición: 010 (986810260 para móbiles), na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00
Lugar de pago: unha vez inscritos no 010, na Casa da Xuventude (López Mora 31, en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas) ata o xoves pola mañá previo á actividade.

Ecosistemas de montaña
Os percorridos de montaña proporcionan a oportunidade de contemplar ecosistemas naturais en estado puro. No outono estes ecosistemas maniféstanse cun cromatismo particular, como é o caso da Serra do Caurel

Serra do Caurel I (11-12 outubro)
Serra do Caurel II (18-19 outubro)
Saída: sábado, 8:15 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 8:00
Retorno (estimado): domingo, 20:00 na Praza do Rei.
Grupo de ata 55 persoas maiores de idade.
Desprazamento, estadía e manutención (agás xantar do sábado) a cargo dos participantes. Achega de 65 euros.
Inscrición: 010 (986810260 para móbiles), na semana antes da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00
Lugar de pago e de cobertura dunha ficha específica: na Casa da Xuventude (López Mora 31, de 9-14 e 17-20) ata o xoves da semana previa á ruta. No caso de non efectuar o pago nese prazo, perderase a praza e chamarase á lista de agarda.
Máis información: No momento de cobertura da ficha entregarase información adicional sobre o programa da actividade e o equipamento necesario.

Rutas por Vigo: Xeoloxía
Zamáns – Monte Galiñeiro (12 outubro)
Monte Galiñeiro (19 outubro)
Monte Cepudo – Monte Calvo (26 outubro)
Saída: 9:30 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:00
Retorno (estimado): 14:00 na Praza do Rei.
Grupo de ata 300 persoas
Xornada de mañá. Gratuíto. Desprazamento: autobús urbano.
Inscrición: 010 (986810260 para móbiles), na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00

Sendeiros locais de Vigo
Saiáns - Oia (9 novembro)
Matamá - Comesaña (16 novembro)
Candeán (23 novembro)
Saída: 9:30 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:00
Retorno (estimado): 14:00 na Praza do Rei.
Grupo de ata 300 persoas
Xornada de mañá. Gratuíto. Desprazamento: autobús urbano.
Inscrición: 010 (986810260 para móbiles), na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00



VOLUNTARIADO CAMIÑO A CAMIÑO

A participación nos programas de educación medioambiental complétanse coa posibilidade que teñen todos os veciños e veciñas de Vigo de colaborar nas políticas medioambientais desenvoltas dende o Concello e Vigo. 

Este programa iniciado na primavera de 2012 está atendendo nestes momentos diversos frentes: 
- conservación do río Lagares, A Bouza e os Areais
- conservación nas Illas Cíes
- actuacións nas hortas urbanas de Vigo
- conservación dos sendeiros de Vigo 
- actuacións nos programas de voluntariado de Vigozoo. 

Para poder participar no Voluntariado de Camiño a Camiño é preciso realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (ver apartado cursos).

As persoas voluntarias que xa participan en actuacións de voluntariado xa coñecen a dinámica de convocatoria (habitualmente vía correo electrónico e blog). Os novos participantes, que teñen que ter asinado o acordo de voluntariado do Concello de Vigo, pódense inscribir en accións tanto nos propios cursos como na Casa da Xuventude.

Máis información sobre os requisitos para participar e as actividades abertas en todo momento pódense consultar na solapa "Voluntariado" do Blog de Camiño a Camiño.


HORTAS URBANAS DE VIGO


Horta-escola de Sardomela (a carón do Colexio Sello - Cabral)
Martes 10-13h e sábados 16-19h (a partir do 29 de setembro)
  
Horta-escola de Fontáns (próxima a Ramón Nieto)
Mércores 16-19h e sábados 10-13h (a partir do 29 de setembro)

Horta-escola de Pedro Alvarado (Teis)
Xoves 16-19h e sábados 16-19h (a partir do 29 de setembro)

Horta-escola de Navia  
Martes 16-19h e sábados 10-13h (a partir do 29 de setembro)

Horta-escola de Camelias  
Xoves 16-18:30h (13 marzo – xuño)

Hortas-escola en Casa da Xuventude e en Vigozoo. Horario asignado a cursos e actividades de voluntariado

Requisitos para participar nas hortas-escola: ter Curso básico de hortas urbana e ter concedido praza previa solicitude. Gratuíto

NOTA: Ata o 27 de setembro mantense o horario de verán: polas mañás de 9 a 12h e polas tardes de 18 a 21h.

Máis información na solapa “Hortas urbanas” do Blog de Camiño a Camiño


CONFERENCIAS E CURSOS DE FORMACIÓN

Conferencias no Auditorio do Concello
Como novidade en 2014, incorpórase un ciclo de conferencias sobre temáticas do noso entorno que pretenden darlle luz a preguntas que nos facemos a cotío todos os cidadáns e cidadás.
14 outubro (martes)*: Xeoloxía dos montes de Vigo
4 novembro (martes)*: Os sendeiros locais de Vigo
4 decembro (xoves): O Clima de Vigo: pasado, presente e futuro
Horario: 19:00 -20:30
Lugar: Auditorio do Concello de Vigo.
Destinatarios: todos os públicos, ata cubrir aforo
Sen inscrición previa.

*Modificación de calendario sobre programación escrita. A conferencia do 14 de outubro substitúe á do 9 de outubro inicialmente prevista e a conferencia do 4 de novembro substitúe á do 6 de novembro inicialmente prevista

Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental
De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, no río Lagares e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.

Ábrense dúas accións para o 4º trimestre de 2014. Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.

27 setembro (sábado)
13 decembro (sábado)
             Horario: 9:30 -13:30
             Lugar: Vigozoo.
             Destinatarios: maiores de idade.
             Grupo: ata 90 persoas 
             Inscrición: 010, na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00


Cursos básico de hortas urbanas
Unha demanda percibida por parte da Concellería de Medio Ambiente é o fomento das hortas urbanas. Para desenvolver esta iniciativa cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto.
27 setembro (sábado)
4 outubro (sábado)
9 outubro (xoves)
16 outubro (xoves)
Horario: 10:00 -13:00 (sábados) e 16:30 - 20:00 (xoves)
Lugar: Vigozoo.
Destinatarios: maiores de idade.
Grupo: ata 50 persoas 
Inscrición:  010, na semana da actividade: de luns a xoves, de 8:00 a 20:00
Achega: 5 euros, a pagar no momento de entrada en Vigozoo.

Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola