13/6/17

Programación de Voluntariado Camiño a Camiño para o período estival



A Concellería de Medio Ambiente ven de presentar a Campaña de voluntariado de Camiño a Camiño para o período estival  coa seguinte oferta:

a) Voluntariado nas Illas Cies (1 xullo - 10 de setembro, quendas de 5 días e 2 fins de semana en setembro). Realizaranse tarefas de conservación no parque e de colaboración en proxectos de investigación.
O prazo de preinscrición permanecerá aberto ata o día 23 de xuño en Casa da Xuventude. Levar cuberta a ficha de preinscrición (premer aqui) na que se recollen as quendas ofertadas e pódese indicar aquelas persoas voluntarias interesadas en ir xuntas nunha quenda.
O prazo de inscrición definitivo, unha vez realizada a asignación de prazas, terá lugar entre o 24 e o 28 de xuño en Casa da Xuventude, xunto coa fianza de 10 euros. Neste momento entregarase a ficha de inscrición a voluntariado de Cíes (premer aqui)

b) Voluntariado urbano e de sendeiros (21 xuño - 20 xullo e dende 12 setembro)

b.1 Voluntariado no Monte da Guía (mércores, 9:00 a 12:00, aparcadoiro na subida á capela da Guía). Realizanse tarefas de erradicación de especies exóticas e apoio na sinalización da senda do Monte da Guía.

b.2 Voluntariado de sendeiros (martes e xoves, 16:30 a 19:30, lugar a determinar semanalmente e publicado no blog). Realizaranse tarefas de revisión da sinalización dos sendeiros locais.

c) Voluntariado en Vigozoo (26 xuño  - 24 xullo e dende 12 de setembro). Realizaranse accións de apoio relacionadas coas especies vexetais na zona botática de Vigozoo, así como actividades de enriquecimento ambiental complementarias e colaboración en proxectos de investigación, divulgación e naturalización do parque. 
Na xuntanza do xoves 22, as 18:00, acabarase de organizar o grupo de traballo para empezar na seguinte semana.


Requisitos para participar no Voluntariado de Camiño a Camiño:
Para participar nas accións citadas é requisito imprescindible estás inscrito no Voluntariado de Camiño a Camiño e renovar o Acordo de Voluntariado, así como entregar fotocopia do DNI
Este proceso poderase realizar na Casa da Xuventude a partir do 19 de xuño, en horario de mañá e de tarde.


Curso de formación específico para o voluntariado de Vigozoo e de Cíes (xoves 22 xuño, 18h)
De cara a organizar o traballo a desenvolver tanto no voluntariado de Vigozoo como no de Cíes, o xoves 22, a partir das 18:00 terá lugar unha sesión formativa específica sobre as labouras a realizar e a concreción de horarios. Todos/as os/as interesados/as estades convidados.