8/5/17

As dúas próximas semanas visitaremos as Illas Cíes


A clásica visita ás Illas Cíes chega como é habitual na programación de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente. Trátase de que todos os vigueses e viguesas coñezamos un dos entornos máis auténticos do termo municipal e que pouco a pouco percibamos as distintas caras desta xoia.

Nesta edición abordaremos a dimensión humana e histórica da illa e como isto condicionou a súa configuración. Veremos, entre outros temas, como a illa estaba nas rutas dos griegos en busca de e estaño, como a existencia dos mosteiros condicionou a vida na illa, como a partir de 1850 foi colonizada por cidadáns de Vigo, como a chegada da salazón supuxo un revulsivo e como as ocurrencias da época franquista supuxeron a entrada de especies invasoras que nestes momentos se están a erradicar. En fin, que todo isto e outras historias permitirán comprender como se produciron cambios no medio ambiente, e siguen a producirse.

Como en edicións anteriores organizanse 4 percorridos (ver imaxe adxunta ou enlace web) e cada quen no momento do embarque escolle o que prefire. Para as familias ou persoas que queiran realizar un percorrido tranquilo recomendamos a Ruta 3 ao Alto do Príncipe.

Resume da inscrición: A preinscrición será no 010 (986810260 dende móbil) de luns a mércores e, unha vez obtida praza, formalizarase definitivamente a inscrición ata o xoves na Casa da Xuventude (López Mora 31, en horario de 9 a 14 e 17 a 20) coa correspondente achega de 7 euros e 3,5 euros menores. 
Os non empadroados só poderán acceder a prazas, no caso de que queden libres, o xoves.
Aquelas prazas que non sexan ocupadas ata o xoves por preinscritos pasarán o venres a ofertárselle á lista de agarda.
Lembrar que en cada chamada só se poderán inscribir 4 persoas, agás unidades familiares que teñan máis membros.