28/5/17

Fenomenal día para a IV Andaina polos montes de Vigo


A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, que organiza por cuarto ano a Andaina polos montes de Vigo, deu a benvida aos participantes no percorrido que principiou en Vigozoo, así como a colaboración dos voluntarios/as de Montes de Vigo e de Protección Civil.

Principiaba o día con moita incertidume, pero a verdade que foi unha xornada fenomenal para coñecer seis dos montes que formaron parte da IV Andaina. Cada quen programou a combinación que mellor considerou e o final foi moi satisfatorio en xeral para as preto de 1200 persoas que formaron parte da experiencia.

Particularmente resultou interesante a experiencia da pequerruta e multiaventura para as familias que participaron, así como a experiencia de varias persoas con mobilidade reducida que participaron con moito interese.

O Alcalde e a Concelleira de Medio Ambiente participaron activamente na IV andaina e compartiron a estadía no Parque cos asistentes.

Nos próximos días publicaremos o resume fotográfico, pero vaian as seguintes instantáneas como avance: