26/4/17

Percorrido polo entorno do mosteiro de Oseira, con posibilidade de visita


Xa están todos os preparativos para o percorrido polo románico en Oseira, só nos falta que a climatoloxía nos acompañe.

Aos interesados en profundar un pouco máis no mosteiro de Oseira poden acceder na pestaña de Románico Galego ou premer aqui. Sen dúbida aprenderase algo interesante, entre outras cousas o motivo polo que é tan famoso o polbo en Carballiño. Tamén hai enlaces a videos e fotos de interese.

Está confirmada a posibilidade de visita ao interior en horario de 16:30 e 17:30. A visita será guiada é de 45 minutos e ten un custe de 1,5 euros por ser grupo. Aquelas persoas interesada deberanno comunicar nos autobuses de cara a organizalo.