Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

20/3/17

Péchanse as sendas polas ribeiras co sistema Oitavén-Verdugo



O cuarto e último percorrido por sendas de ribeira organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo terá lugar no denominado sistema Oitavén-Verdugo. Lembrar que unha vez apuntados no 010 (986810260 dende móbil), hai que abonar a achega e recoller o ticket na Casa da Xuventude (López Mora 31, en horario de oficina) ata o mércores (xoves non empadroados).

Arrancarase no Encoro de Eiras, que subministra de auga ao concello de Vigo, e circularase inicialmente pola Senda da Auga, que xa se ten percorrido noutras ocasións. Pasearemos pola ribeira do Oitavén ata as aforas de Soutomaior, onde xa nos encararemos cara o río Verdugo.

O trazado previsto é de algo máis de 10 quilómetros e de dificultade media-baixa, o que estamos vendo que acontece cando se baixa pola ribeira dun río. Lembrar, iso sí, boas botas de montaña e bastóns xa que dan choivas para esta semana e o terreo pode que estea esbaradizo.


Trazado pola ribeira do sistema Oitavén-Verdugo. 10,5 km e dificultade media-baixa.