6/3/17

A segunda ruta polo río Zamáns o domingo 12 de marzo



Proseguirase na segunda etapa polas ribeiras dos ríos de Vigo e bisbarra co río Zamáns, que transcorre dende a parroquia do mesmo nome polo termo municipal de Gondomar, onde tributa no río Miñor. Os participantes no percorrido organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo coñeceran as características dunha ribeira moi benigna e que acolleu a diversos asentamentos dende épocas castrexas e medievais. Tamén se poderán contemplar os montes que rodean á ribeira e, particularmente, unha vista particular da Serra do Galiñeiro.

O trazado previsto é de algo máis de 10 quilómetros, iso sí bordeando o río e polo tanto a un ritmo de tránsito lento. Anque a previsión é de que non vai chover, dadas as choivas caídas, é moi posible que o terreo estea mollado e esbaradizo. Polo tanto é preciso ir con moita precaución, equipado con boas botas e con bastón para axudar a circular e, se se dispoñen, de polainas para protexer as pernas. 

A preinscrición será como sempre, de luns a mércores no 010 (986 810260 dende móbil) . Dado que esta vez saise fora do termo municipal de Vigo, haberá que facer a inscrición definitiva ata o xoves na Casa da Xuventude (López Mora 31, de 9 a 14h e de 17 a 20h) e aportar a achega de 3 euros para o autobús, unha vez confirmada a preinscrición no 010. 

Trazado pola ribeira do río Zamáns ata Gondomar (10,4 km)

Curso de hortas urbanas 1º nivel

O xoves 9 de marzo, as 16:30 terá lugar a segunda quenda deste curso dirixido a aquelas persoas interesadas en participar nas hortas urbanas do Concello de Vigo. 

A inscrición tamén é no 010 ata o mércores 8 e o pago da entrada de 5 euros efectuarase no momento de acceso a Vigozoo.