Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

26/2/17

A primeira ruta de Camiño a Camiño polo Lagares o domingo 5 de marzo

Percorridos medioambientais


Principia a tempada de rutas de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente o vindeiro domingo 5 de marzo co clásico percorrido pola Ribeira do Lagares, pero nesta ocasión cunha variante interesante dende o Mercado de Cabral ata a desembocadura en Samil. 
En total algo máis de 13 km no que se poderá coñecer o tramo de senda do Lagares trazado pola Comunidade de Montes de Cabral, para río abaixo acabar conectando coa Senda Azul ata a desembocadura. 
O percorrido é de dificultade baixa, pero sí é preciso levar bó calzado e bastón pois atravésanse algunhas zonas de vexetación exhuberante e con risco de esbarar.
A inscrición pódese facer dende este luns 28 de febreiro ata o mércores no 010 (986810260 dende móbil). Como se trata dunha ruta polo termo municipal de Vigo é gratuíta e, unha vez inscrito no 010, recóllese o ticket o propio día da ruta as 9:00 na Praza do Rei (a saída dos autobuses é as 9:30)

Trazado pola Ribeira do río Lagares entre Cabral-Mercado e Samil (13,2 km

Curso de hortas urbanas 1º nivel

Está previsto o primeiro curso para o sábado 4 de marzo, entre 10 e 13 horas, en Vigozoo. Neste curso preséntanse os conceptos básicos que se abordan nas hortas-escola da Concellería de Medio Ambiente, así como o funcionamento das mesmas. Haberá un segundo curso o xoves 9 de marzo, as 16:30, tamén en Vigozoo. 
O proceso de inscrición é igual que nos percorridos, ou sexa, a través do 010 (986810260 dende móbil) dende o luns 28 de marzo ata o mércores. Para o curso do 9 de marzo, a inscrición farase dende o luns 6 de marzo. En ambos casos hai ata 50 prazas e o custo da actividade é de 5 euros a pagar no momento de acceso a Vigozoo.
A partir do martes 7 de marzo principia a actividade ordinaria nas hortas urbanas do Concello de Vigo.