Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

11/12/16

Cea de Voluntariado e peche de tempada. Boas Festas

Chega o Nadal e con el o descanso nas actividades de voluntariado que aínda se manteñen abertas. Como todos os anos houbo cea de despedida de tempada con participantes dos distintos programas de voluntariado (sendeiros, hortas, A Guía, Lagares e Cíes). Un nuttrido grupo que, aparte de gozar dun sabroso xantar, poido rememorar a través das fotos expostas algúns dos momentos agradables do ano.
A Concellería de Medio Ambiente e o equipo de Camiño a Camiño agradece a colaboración prestada e desexa a todos e todas unhas boas Festas.