21/11/16

Pechan os percorridos de Camiño a Camiño no novo sendeiro local de Valladares

A pesares de que o día escomezou moi feo, ao longo da mañá foise clarexando e permitiu realizar o percorrido do novo sendeiro local de Valladares. Como sempre, coa choiva e a néboa, a perspectiva é distinta pero moi agradable. Nas fotos (CACV e Roberto) pódese comprobar.
Con esta etapa pechamos a edición de outono dos percorridos medioambientais de Camiño a Camiño. A Concellería de Medio Ambiente agarda que resultara satisfactoria a experiencia de visitar as serras da contorna de Vigo e dous dos sendieros locais, e convídavos a continuar na vindeira tempada de primavera que a finais de febreiro se dará a coñecer.