31/10/16

Segunda etapa pola Serra do Galleiro

Esta semana prosiguen os percorridos de Camiño a Camiño pola Serra do Galleiro. En concreto faremos o extremo norte da mesma, tocando os concellos de Redondela e Pazos de Borbén.
Partirase da aldea de Galleiro para ascender ata o cumio do monte co mesmo nome. O Galleiro ou Saramagoso é o monte máis alto de toda a serra, con 749m. de altitude. Dende este punto poderase contemplar con amplitude toda a contorna.