2/10/16

Expléndido día entre o Aloia e o Galiñeiro, con escalada inclúida

Escomezaron os percorridos medioambientais coa clásica Travesía Aloia-Galiñeiro e coa Escalada no Galiñeiro. Contou coa presenza na saída da Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, e cunha participación moi nutrida.

Travesía Aloia-Galiñeiro
Nesta dirección resultou máis levadeira que na edición pasada e, anque pola tarde, houbo segunda parte, o día resultou redondo. Entre outras cuestións poidose comprobar como paseniñamente vai entrando o outono e, tamén, unha panorámica das diversas serras que nesta tempada agardamos transitar:


Lembrar sí a Isabel que, por unha caída con mala fortuna, rematou en urxencias cun golpe no hombreiro. Ten que seguir en observación pero semella que vai estar inmobilizada unha tempada. Ánimo.

Por motivos dos cambios efectuados por Google, polo de agora as fotos as imos colocar con enlace  (premer aquie non a través dunha proxección lateral. O enlace tamén estará dispoñible no apartado de fotos. Algunhas instantáneas da travesía son:





Escalada no Galiñeiro
Unha nova experiencia tivo lugar hoxe no Galiñeiro: unha sesión de iniciación á escalada de mán de monitorado de Montañeiros Celtas. Todo un subidón, como se pode ver nas caras dos/das participantes (premer aqui). Algunhas das instantáneas: