Percorridos con inscrición a partir do 26 de setembro

Arranca a tempada de outono de Camiño a Camiño e semella que o tempo vainos a acompañar a coñecer as Serras próximas a Vigo. Nesta edición a Concellería de Medio Ambiente de Vigo proponnos para escomezar a clásica travesía Aloia-Galiñeiro (300 prazas, 7 €) e, nos percorridos por Galicia, unhas serras relativamente próximas pero non moi coñecidas: Faro de Avión-Serra do Suído (50 prazas, 50€).
A inscrición para todas elas, e tamén para a actividade de Iniciación á escalada no Galiñeiro (50 prazas, 7€) escomeza o luns 26 de setembro e faise no 010 (986810260 se se chama dende móbil) segundo os detalles recollidos na solapa "Programa" (a inscrición definitiva e a achega realizase na Casa da Xuventude ata o mércores, quedando o xoves para non empadroados).

Travesía Monte Aloia - Monte Galiñeiro (2 outubro, todo o día)
Unha das andainas clásicas en Camiño a Camiño é a travesía pola serra do Galiñeiro, entre o monte Galiñeiro e o monte Aloia, nesta ocasión en senso inverso seguindo o trazado do PR-G2 que vai dende o alto de San Xiao á ladeira norte do Galiñeiro. Neste traxecto de algo máis de 8 quilómetros, pasaremos pola Lomba da Zorra, San Antoniño, etc. 
Poderemos tamén contemplar o val do Louro e do Miño e lugares dun gran valor paisaxístico e natural no Parque Natural do Monte Aloia, o primeiro catalogado como tal en Galicia. A comida está prevista na área recreativa da Comunidade de montes de Zamáns, en Chan Doural.
Pola tarde, a quen lle apeteza, faremos un percorrido polos cumios do Galiñeiro dunha lonxitude de 5,5 km.





Iniciación á escalada no Monte Galiñeiro (2 outubro, todo o día)
Retómase a actividade que na primavera se quixera facer e houbera que suspender por climatoloxía adversa. Trátase dunha sesión de iniciación á escalada nas instalacións que os Montañeiros Celtas teñen habilitadas na falda do Galiñeiro, concretamente a primeira parte da vía "Cornos do Demo". 
Evidentemente cómpre dispor de certa preparación física tanto par acceder ao lugar como para facer a escalada, así como levar zapatillas con bó debuxo e roupa cómoda (non levar vaqueiros). Tamén hai que levar roupa de abrigo para o vento e unha gorra, ademáis do preciso para xantar xunto co grupo da travesía.
A actividade realizarase sobre un granito Gneis de excelente adherencia e calidade, polos seus múltiples agarres. Ademáis poderanse disfroitar dunhas vistas impresionantes que van dende Baiona a Rande, pasando por Cíes e os montes do Maúxo.
Faranse dous grupos de escalada, de xeito que mentres uns se inician na técnica de escalada de experimentados escaladores de Montañeiros Celtas, outros realizarán o percorrido que se amosa de seguido.




Rutas por Galicia: Faro de Avión - Serra do Suído (8-9 outubro) (premer para descargar ficha de inscrición)

Nesta edición das rutas por Galicia imos percorrer media montaña entre as provincias de Pontevedra e Ourense. O sábado farase un percorrido esixente entre A Cañiza e Camposancos, pasando polo Monte Pedroso, Faro de Avión (1.148m) e a Ermida da Xestosa.
Lembrar que nesta ruta é imprescindible levar botas de montaña que suxeiten ben o nocello, así como bastóns para apoiar as subidas e baixadas. Tamén é preciso levar roupa de abrigo dada a altitude que se acada, e se fai sol crema sola e gorra. No percorrido non hai onde coller auga.
Ao finalizar este percorrido, o autobús achegaranos a hotel ata Carballiño para retomar forzas e, mesmo, se o tempo acompaña disfroitar dun paseo fermoso pola beira do río ata o centro de Carballiño.



O domingo desprazarémonos ata a Serra do Suído, onde coincidiremos cos participantes no percorrido de Serra do Suído que veñen de Vigo. Ao tratarse dun traxecto de día completo faranse 18 quilómetros en total, pasando por lugares interesantes como a aldea de Fofe, o foxo do lobo e un conxunto de chouzos (antigamente pasábase o verán nestas construcións para coidar o gando). Na parte alta do percorrido ascendermos ata 916m e na parte baixa chegaremos a estar a 342m. Na área recreativa de Pozo do Piñeiro farase a parada para a comida, para pola tarde facer 4 quilómetros ata chegar ao lugar de recollida do autobús.
Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Percorridos con inscrición a partir do 26 de setembro
Percorridos con inscrición a partir do 26 de setembro
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhLFD65xfDSVDXXlSmFHByXXH4rcEOmcNO0693h7D5zLywkmT9dB3BDEmKAHDcIWmGlOIPSlXzeDLmWe3bkl8AbTYhtudZAlWlgdeVOc231ySUPDCl5yVlgRJYMr9_0c_JVeN1KM54scITe/s640/Traves%25C3%25ADa+Aloia-Gali1.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhLFD65xfDSVDXXlSmFHByXXH4rcEOmcNO0693h7D5zLywkmT9dB3BDEmKAHDcIWmGlOIPSlXzeDLmWe3bkl8AbTYhtudZAlWlgdeVOc231ySUPDCl5yVlgRJYMr9_0c_JVeN1KM54scITe/s72-c/Traves%25C3%25ADa+Aloia-Gali1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/09/percorridos-con-inscricion-partir-do-26.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/09/percorridos-con-inscricion-partir-do-26.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar