Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

13/9/16

Peche da tempada de voluntariado en Cíes

Chega mediados de setembro e finalizan as quendas de voluntariado nas Illas Cíes. Foron case dous meses e medio de grupos de voluntarios e voluntarias actuando permanente na illa. A experiencia resulta moi gratificante, tanto polo traballo como pola convivencia e a experiencia da illa. 
En total 209 persoas voluntarias pasaron polas distintas quendas e máis de 3.000 horas de voluntariado executadas. As labouras de erradicación de invasoras e de limpeza foron as máis destacadas. A climatoloxía foi moi benigna en termos de presenza na illa, facilitando toda a opertativa e a vivencia no poblado.
O derradeiro grupo mostra algunhas das súas instantáneas.