6/6/16

Segunda Semana en Cíes e Inscrición en Ancares

Despois dunha fin de semana intensa en Cíes, esta semana prosigue coa segunda quenda de Acampada de Cíes para familias (11-12 xuño) e coa visita a Cíes (12 xuño). Tamén terá lugar a inscrición para Ancares, tanto a Travesía Burbia-Piornedo (17-19 xuño) como a visita a Campa da Braña (18-19 xuño). 
De seguido detallamos información, pero antes algunha instantánea da visita de Cíes (ver solapa Fotos 2016):






Acampada de Cíes para familias (11-12 xuño)
Esta acampada está dirixida a familias con menores idade, con actividades indicadas principalmente para que os pais e nais realicen conxuntamente con nenos e nenas menores de 12 anos. O obxectivo é ter unha experiencia de educación medioambiental familiar. Hai dispoñibilidade de tendas para aqueles que a soliciten.
Preinscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o mércores 8. 
Inscrición e abono da achega na Casa da Xuventude (López Mora 31) ata o xoves 9. Premer aqui para descargar ficha de inscrición.
Saída dende Estación marítima o sábado 11: 9:00

Visita a Cíes (12 xuño)
Como todos os anos, a visita Cíes é unha cita obrigada. Trátase de coñecer distintos aspectos da illa e experimentar as intensas sensacións de estar nun auténtico paraíso natural.
Preinscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o mércores 8. 
Inscrición e abono da achega na Casa da Xuventude (López Mora 31) ata o xoves 9.
Saída dende Estación marítima o domingo 12: 9:00

Inscrición a Ancares (Travesía 17-19 xuño e Campa da Braña 18-19 xuño)
Esta semana principia a inscrición para calquera das dúas opcións (ver máis detalles na nova do blog do 3 de xuño)
Preinscrición no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o mércores 8. 
Inscrición e abono da achega na Casa da Xuventude (López Mora 31) ata o xoves 9. Premer aqui para descargar ficha de inscrición.
Charla de preparación necesaria para asistir: Vigozoo, xoves 9, 19:00