Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

13/6/16

Despois da fin de semana de Cies, recuperar a nocturna por Coruxo

Fin de semana en Cíes
A fin de semana en Cíes resultou moi intensa para as familias que acamparon nela. O sábado permitiu mergullarse no paraiso natural das illas e coñecer cos 5 sentidos o que nela se pode atopar, así como comprobar directamente a laboura de erradicación de especies invasoras. As expresións de pais e nais e dos rapaces ben o demostra (premer aqui para acceder as fotos)
A visita do domingo tamén resultou interesante. Permitiu camiñar pola illa cunha temperatura moi agradable e comprobar entre outros motivos por que falamos da "Illa das gaivotas": podíanse ollar facilmente como os poliños estaban a dar sinais de vida. Para ver as fotos premer aqui.
Algunhas mostras do que falamos de seguido:



 

Nocturna polo Sendeiro Local de Coruxo
Este sábado 18 de xuño, as 20:30 na Praza do Rei, están convocados todos os inscritos na ruta noctura por Coruxo suspendida o 28 de maio. Agardemos que a noite se aclare para disfroitar das vistas do percorrido. Para máis información premer aqui.
Están dispoñibles 100 prazas máis para aquelas persoas que aínda se queiran apuntar no 010.