8/5/16

Ribeira Sacra, Cursos e Andaina nesta semana

Esta semana que entra vén cargada de actividades nas que participar: inscrición para a primeira saída á Ribeira Sacra, Curso de Alimentación, Charla de Sendeirismo nos montes de Vigo e, finalmente, IIIª Andaina polos montes de Vigo. Todo isto despois de ter experimentado a Serra do Galiñeiro con climatoloxía pouco favorable.

Serra do Galiñeiro, un cumio borrascoso.
O percorrido deste domingo pola Serra do Galiñeiro principiou lembrando á película "cumbres borrascosas", para pasar a contar cunha mañá mesmo soleada como se pode ver na instantánea da actividade (ver album en Fotos 2016). Unha mágoa non poder pasar todo o día e facer escalada.




Ribeira Sacra con percorrido enolóxico I (21-22 maio). Preinscrición dende o luns 9 ata o mércores 11 maio no 010 (986810260 dende móbil) e inscrición definitiva na Casa da Xuventude ata o xoves 12 maio (anticipo: 35 euros).
Como é habitual na programación de Camiño a Camiño por primavera imos a coñecer Galicia. Nesta ocasión a proposta é Ribeira Sacra, con dobre programa: 
a) Sábado: Percorrido entre San Fiz (Chantada) e Santo Estevo de Ribas do Miño (O Saviñao), 13 km. 
b) Domingo: Visita á Adega Lareu e o seu entorno, con degustación de viños e xantar.
Máis detalles do programa da actividade no documento adxunto (premer aqui) e a ficha de inscrición a presentar na Casa da Xuventude (premer aqui)




Curso "Alimentación saudable no Almorzo, Xantar e Cea" (11 maio, 17-19:30h, no Mercado do Progreso). Inscrición dende o luns 9 maio, no 010 (986810260 dende móbil).
No curso daranse indicacións dos produtos recomendables para inxerir en cada unha das comeidas para unha alimentación saudable, a forma de cociñalos para respectar as súas propiedades alimenticias.
Tamén se darán orientacións para as necesidades enerxéticas de cada persoa en función da súa actividade e características seguindo pautas de alimentación equilibrada e saudable. Ao longo da actividade elaborarase algunha proposta culinaria a modo de exemplo.


Charla "Sendeirismo nos montes de Vigo" (11 maio, 19:30h, na cafetería de El Corte Inglés). Entrada libre ata completar aforo.
Dentro do programa de actividades da III Andaina polos montes de Vigo, nesta edición viuse oportuno levar a cabo unha charla na que dar a coñecer o traballo que están a facer conxuntamente a Concellería de Medio Ambiente e a Mancomunidade de Montes de Vigo para promover o uso recreativo dos montes. En particular abordarase o traballo xa executado na rede de sendeiros locais e o que está previsto realizar.


III Andaina polos montes de Vigo (15 maio). Inscrición ata o 12 de maio en El Corte Inglés (5º andar, Deportes) ou na Casa da Xuventude.
Nesta terceira edición a proposta que se lle fai á cidadanía viguesa é coñecer dous dos sendeiros locais de Vigo, Zamáns e Bembrive-Beade, así como un tramo variante do Sendeiro Panorámico de Vigo (GR-53) combinado co paso polos parques forestais de Aguiera (Comesaña), Maruxento (Matamá) e Monte dos Pozos (Valladares).
Máis información no blog da andaina (premer aqui).