23/5/16

Pecha o mes cun percorrido nocturno polo Sendeiro Local de Coruxo

Rematamos o mes cun percorrido nocturno (lembrar: sábado 28, as 20:30 na Praza do Rei para saír as 21:00) polo Sendeiro local de Coruxo. Como xa comprobamos noutras ocasións teñen un encanto especial e dannos unha visión distinta dos espazos visitados. Neste caso, se o tempo acompaña, teremos ocasión de ver a posta de sol dende algún dos seus numerosos miradoiros e poder observar as estrelas dende a parte alta do monte, no Chan Grande. 

O sendeiro local de Coruxo é un sendeiro moi completo, xa que ten moitos e diversos puntos de interese, destacando entre eles os miradoiros.  Os montes de Coruxo ou o Maúxo, está formado por varios cotos ou outeiros dende os que se teñen diferentes panorámicas da costa e da cidade de Vigo, dos montes do Concello e do Val Miñor. Este será o atractivo do vindeiro sábado.