Camiño a Camiño presenta unha ampla programación para maio

Estamos no mes de maio, e a Concellería de Medio Ambiente ten previsto desenvolver unha ampla programación dentro do programa de Camiño a Camiño: percorridos de día completo pola Serra do Galiñeiro e pola Serra do Morrazo (22 maio), Andaina polos montes de Vigo (15 maio; nesta semana iniciarase a inscrición cando se faga a rolda de prensa), Visita á Ribeira Sacra (o luns 9 iniciarase a inscrición para a primeira quenda 21-22 maio; o luns 16, para a segunda quenda 28-29 maio) e outras actividades (ver programación).


Percorridos pola Serra do Galiñeiro (previsión favorable: todo o día; previsión mala: só de mañá).
Principiando polo que ven para esta vindeira semana, o domingo 8 de maio preténdese ter unha intensa experiencia ao longo de todo o día na Serra do Galiñeiro, con varios percorridos alternativos e con escalada da man de Montañeiros Celtas. Esta programación poderíase ver alterada se se confirma a previsión de choiva, quedando reducida a actividade únicamente a pola mañá e, nese caso, suspendida a actividade de escalada.
Está previstas dúas alternativas de vivir con intensidade o Galiñeiro, aparte da experiencia de escalada para o grupo que así o escolla. 

a) Percorrido curto
intensa pero asequible para calquera participante (percorrido vermello, 12,3 km, dificultade media). Principiamos en Vilaverde (Zamáns) cara a antiga canteira de cuarcita, logo seguiremos os sendeiro local de Zamáns e dirixirémonos cara a base do Monte Galiñeiro en Gondomar. 
Visitaremos varios puntos de interese: o refuxio natural da Cova da Vella, o pretroglifo da Auga da Laxe, o curro de Vincios e e a mámoa do Cha dos Bromús. 
Os que queiran poderan subir á Loma da Zorra, para logo dirixirnos todos cara o chan Doural, que será onde comamos. 
O percorrido da tarde será opcional (percorrido azul claro, 5,7km, dificultade baixa). Os que non o fagan xa se dirixirán directamente a media tarde cara os autobuses (2,1 km)




b) Percorrido longo: 
esixente, con percorrido extenso e cresteando pola serra (percorrido vermello; 14,7 km; dificultade alta). Principiamos igualmente en Vilaverde pero neste caso dirixímonos cara a ermida da virxe das Neves en Herbille. 
Logo irase cara o coto Mediodía, baixando ata a aldea de O Saramagal, para dirixirse á Loma da Zorra e, por un sendeiro moi pendente, dirixirnos á cima do Galiñeiro (vértice xeodésico), nomeado "a botella". 
Seguirase cara a Cova da Becha, para logo de ollar unhas vistas expléndidas, dirixirse cara a antiga fortaleza do Galiñeiro e o antigo castro que alí había. Finalmente dirixirémonos cara o chan Doural, onde comeremos.
O percorrido da tarde (percorrido azul claro, 8,2km, dificultade media) irá cara a zona que estiveron os do percorrido pola mañá, pasando por debaixo do refuxio de Montañeiros Celtas, e logo dirixíndose cara Vilaverde.




c) Escalada con percorrido asociado.
Aqueles interesados en iniciarse na escalada (idade mínima 10 anos, certa preparación física tanto para acceder ao lugar como para facer a escalada; nesesario levar zapatillas con bo debuxo para agarrar e roupa cómoda -non levar vaqueiros- e roupa de abrigo para o vento, incluído gorra), inscribiranse nun grupo específico no 010.
Ao chegar a Vilaverde xa se dirixirán cara as vías de escalada, tendo que pasar por un empinado sendeiro que parte do Refuxio Miguel Regueira de Montañeiros Celtas. Abordarse a primeira parte da vía "Cornos do Demo", unha das primeiras vías abertas en Galiñeiro. A actividade realizarase sobre un granito Gneis de excelente adherencia e calidade, polos seus múltiples agarres. Ademáis ten unhas vistas impresionantes que van dende Baiona a Rande, pasando por Cíes e os montes do Mauxo.
Segundo a inscrición faranse dous ou tres grupos de escalada, de xeito que mentres uns se inician na técnica de escalada de mans de experimentados escaladores de Montañeiros Celtas, outros realizarán o percorrido que se amosa a continuación. 


Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño presenta unha ampla programación para maio
Camiño a Camiño presenta unha ampla programación para maio
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjGQ3AQKcUqPvBihzK422Ia2BgBZm0P1U3kurfj7tuV8np6dBLTGiP7TtGeTZeXBKCQzzL38hYUaFuMpnD42S5AoMsZs2neszye8TNwPA6i8GTkCYLCe174KEzFjVy6dasz0ffqBi_lboSO/s640/Ruta+1.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjGQ3AQKcUqPvBihzK422Ia2BgBZm0P1U3kurfj7tuV8np6dBLTGiP7TtGeTZeXBKCQzzL38hYUaFuMpnD42S5AoMsZs2neszye8TNwPA6i8GTkCYLCe174KEzFjVy6dasz0ffqBi_lboSO/s72-c/Ruta+1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/05/camino-camino-presenta-unha-ampla.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/05/camino-camino-presenta-unha-ampla.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar