Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

6/5/16

A III Andaina polos Montes de Vigo arranca coa presentación do Alcalde

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá a III Andaina polos Montes de Vigo que terá lugar o vindeiro 15 de maio, acompañado pola Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, o presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo e representantes de El Corte Inglés e Vegalsa-Eroski.




Máis información: folleto1 (información e inscrición) e folleto2 (percorrido). Blog Andaina

Inscrición ata 12 de maio: 5º andar El Corte Inglés (Deportes) e Casa da Xuventude (López Mora 31)


Nesta terceira edición da andaina vaise propor á cidadanía viguesa coñecer de preto dous dos seis sendeiros locais sinalizados polo Concello de Vigo: Zamáns e Bembrive-Beade, xunto cun trazado que transita por tres comunidades de montes (Comesaña, Matamá e Valladares) e unha parte do GR-53. En total o percorrido acada preto dos 39 quilómetros e conta cunha rica combinación de espazos naturais singulares, de patrimonio etnográfico e de vistas panorámicas do concello de Vigo e bisbarra.
Aspírase a que 1500 persoas de todas as idades "salten" aos nosos montes e realicen algún dos percorridos propostos con distinto nivel de dificultade. Este ano configurase dun xeito distinto ao das edicións pasadas: haberá tramos de percorridos independentes entre sí e cada participante poderá escoller aquela combinación que considere máis oportuna. O trazado completo é semellante ao dunha póla de carballo.

Tramo 1: variante GR-53. Parque forestal de Aguieira  (Comesaña) – Parque forestal de Maruxento (Matamá) – Parque forestal do Monte dos Pozos (Valladares) – Monte Alba – Parque Industrial A Pasaxe – Rotonda do Cuvi en Zamáns.
Distancia: 12 quilómetros. Duración aproximada: 2 ½ - 3 horas. Ao finalizar conecta co tramo 2.
Recomendación: tramo dirixido a quen queira facer toda a andaina ou un percorrido longo.

Tramo 2: sendeiro local de Bembrive-Beade. Partindo da rotonda do Cuvi, atravesa os montes de Beade e de Bembrive, para encararse de novo dende a rotonda do Cuvi cara o Parque Forestal de Zamáns.
Distancia: 18,3 quilómetros. Duración aproximada: 4 ½ - 5 horas.
Recomendación: tramo que se pode facer en exclusiva ou combinado co tramo 1 (sumado serían 30,3 km).

Tramo 3: sendeiro local de Zamáns. Arranca e remata no Parque Forestal de Zamáns, segue o sendeiro local de Zamáns e faise unha desviación para contemplar o muíño de Maquías en Valladares..
Distancia: 8,5 quilómetros. Duración aproximada: 2 ½ - 3 horas.

Recomendación: tramo pensado para familias con nenos ou persoas que queiran desfrutar tranquilamente dun espazo natural engaiolante. Tamén se pode facer combinado co tramo 2 (total 26,8 quilómetros) e combinado cos tramos 1 e 2 (andaina completa: 38,8 quilómetros) 

Estableceránse tres momentos de saída, que permitiran realizar as combinacións citadas:

Saída
Horario
Tramo 1
Tramo 2
Tramo 3
Retorno
Praza Rei
Praza Rei / Autobús
Inicio ruta
1
7:00

7:30
8:15
12km
18,3km (30,3km)
Opcional:
8,5km (38,8km)
16:00
18:30
2
8:15
8:45
9:30

18,3km
Opcional:
8,5km (26,8km)
3A
9:15

10:45


8,5km
3B
Control de saída PF Zamáns 10:00

Nesta 3ª edición, o día 11 de maio, as 19:30 horas, na cafetería de El Corte Inglés, terá lugar a Charla “Sendeirismo polos Montes de Vigo”, no que a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, e o Presidente de Montes de Vigo, Uxío González, explicaran o traballo realizado para elaborar a rede de sendeiros de Vigo nos montes de Vigo, que na actualidade supera os 100 km de trazado e non que se levan sinalizado 6 sendeiros locais e actualizado o Sendeiro panorámico de Vigo (GR-53) e, están previstos para 2016, outros 3 sendeiros adicionais con preto de 30 km máis.