Despois do Sendeiro Local de Matamá-Comesaña, abordamos Faro Budiño

O percorrido deste pasado domingo polo Sendeiro local de Matamá-Comesaña foi unha experiencia curiosa pois a pesar de amenazar con choiva forte antes de principiar, durante o percorrido mantívose bastante o tempo agás nalgún momento de intenso chaparrón. Poidéronse ver fenómenos atmosféricos dende o Castro de Casás que dificilmente se observan e que quedan recollidos na pequena reportaxe fotográfica que se achega (premer aqui). En todo caso o grupo empezou con moito ánimo como se comproba na seguinte foto.


Percorrido por Faro Budiño
Esta semana escomenzamos cos percorridos por montes e serras da bisbarra de Vigo e, particularmente, co Faro Budiño en O Porriño. Escomenzaremos no sendeiro PR-G 132 Roteiro polos montes de San Cibrán, onde atoparemos unhas fervenzas impresionantes e logo os muíños de Couso recentemente restaurados. Posteriormente subiremos ao castelo de Cans, antiga fortaleza medieval e cun miradoiro moi interesante. Dende ahí xa non encararemos a Faro Budiño, dende onde poderemos ver a Serra do Galiñeiro, o Monte Aloia, etc.



Curso "Viticultura en Galicia: aprender a diferenciar os nosos viños"
Este sábado 9 de abril, as 11h terá lugar a segunda quenda do "Curso de Viticultura: aprender a diferenciar os nosos viños". No curso danse a coñecer as distintas zonas de cultivo vinícola de Galicia e as denominacións de orixe asociadas. No transcurso do mesmo realizaranse catas dos distintos tipos de viño a cargo dun sumiller titulado, permitindo así apreciar a un nivel iniciación as características diferenciais dos mesmos e coñecer o mellor xeito de gozalos
Para inscribirse chamar ao 010 (dende móbil: 986 81 02 60) ata o mércores, de 8:00 a 20:00. O lugar de realización será nos locais da Asociación Veciñal do Casco Vello, Rúa Oliva 12, Soto


Curso "Alimentación saudable"
Este curso previsto para o mércores 6 de abril está cancelado por motivos organizativos ata novo aviso
Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Despois do Sendeiro Local de Matamá-Comesaña, abordamos Faro Budiño
Despois do Sendeiro Local de Matamá-Comesaña, abordamos Faro Budiño
https://4.bp.blogspot.com/-xkGH0UYO7Q0/VwFaeY7l5mI/AAAAAAABE0Q/k3TV1J4VQz4ftkkrksxex9ZEz8l2owGiw/s640/FS54_SL_Mat-Com-10.JPG
https://4.bp.blogspot.com/-xkGH0UYO7Q0/VwFaeY7l5mI/AAAAAAABE0Q/k3TV1J4VQz4ftkkrksxex9ZEz8l2owGiw/s72-c/FS54_SL_Mat-Com-10.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/04/despois-do-sendeiro-local-de-matama.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/04/despois-do-sendeiro-local-de-matama.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar